A Sociedade Española de Medicina e Seguridade no Traballo, fundada no 1956, constitúe neste intre unha federación de Sociedades de ámbito autonómico que agrupan a mais de 3000 profesionais da prevención de riscos laborais.
A súa Xunta Rectora está constituída por dous representantes de cada unha das súas doce Sociedades integrantes. O seu Presidente é nomeado na asemblea dos seus socios, sendo presentada a súa candidatura por algunha destas Sociedades.
As distintas Sociedades teñen vida propia organizando actos e actividades fundamentalmente de formación. Algunhas delas dispoñen de publicacións regulares de presencia na Internet.
A súa masa, no momento actual a SEMST, a través das súas Sociedades, constitúe unha sociedade multidisciplinar que ofrece os seus socios e os profesionais de prevención de riscos laborais, un espacio de encontro, cursiños de formación continuada, fondo bibliográfico,
asesoramento técnico e interlocucións coas autoridades laborais e sanitarias (autonómicas e estatais) e con organizacións científicas españolas e estranxeiras e, o mesmo tempo, vela para que os profesionais desenvolvan a súa labor nunhas axeitadas condicións éticas,
científicas e laborais, loitando para conseguir unha categoría científica elevada e rigorosa de formación das distintas especialidades e, o perfeccionamento profesional continuado. Todo isto para mellorar a saúde e seguridade nos postos de traballo, fomentar empresas saudables e a cultura do traballo seguro no noso país.